Sunday 12 de May de 2024

Cambre adxudica as obras de renovación de beirarrúas no Temple


A entidade “Construcciones Ponciano Nieto, S.L.”, que ofertou un importe de 82.113,39 € IVE incluído, será a encargada das obras que teñen un prazo de duración de tres meses a partir da data de replantexo

Cambre adjudica a obra incluida no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal Adicional (POS – Adicional) 1/2015 “Renovación de beirarrúas na rúa Temple, Cambre”, cun orzamento de execución por contrata de 113.872,42 euros (IVE incluido).

A entidade “Construcciones Ponciano Nieto, S.L.”, que ofertou un importe de 82.113,39 € IVE incluído, será a encargada das obras que teñen un prazo de duración de tres meses a partir da data de replantexo.

No Temple as beirarrúas están afundidas debido a asentamentos do terreo que
se fan perigosas para o tránsito de peóns. A solución será levanatar as beirarrúas existentes e a executar unhas novas, renovando nalgúns puntos, redes de pluviais e conexións das baixntes dos edificios á rede. Tamén se executará un tramo de rede de saneamento.

Se prevee a substitución dos pavimentos actuais por baldosas novas de varias cores e executaranse uns novos tramos de rede de saneamento e da rede de pluviais. Conectaranse todas as baixantes á rede de pluviais executando sumidoiros na zona do bordo para conexión á rede xeral de pluviais.

Por outra banda, instalarase na marquesiña na zona do núcleo do Temple que espera mellorar a seguridade viária na zona.